José del Moral Sanjurjo, nado na Coruña en 1881 e finado en Paracuellos de Jarama (Madrid) en 1936, foi un avogado e político galego.
Traxectoria miniatura|300px|Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936. Fillo do tamén político e deputado Antonio del Moral López. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1907, polo de Corcubión en 1910, sendo reelixido polo mesmo distrito en 1914, 1916 e 1918; volveu ser elixido polo distrito da Coruña en 1919, 1920 e 1923. Foi Director Xeral da Débeda e Clases Pasivas. Durante a Segunda República continuou coa súa actividade política, nas eleccións xerais de 1933 saíu elixido deputado pola provincia da Coruña como independente de dereitas. Volveu presentarse ás eleccións xerais de 1936 como independente, pero non saíu elixido.
Morreu asasinado vítima das matanzas de Paracuellos.Figura co número 2945 na relación de César Vidal, Paracuellos-Katyn: un ensayo sobre el genocidio de la izquierda
Notas
Véxase tamén
Categoría:Avogados da Coruña Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1936