Antonio Salgado López-Quiroga, nado en Monterroso en 1858 e finado no mesmo concello o 10 de xuño 1927, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Irmán de Francisco Salgado López. Na Restauración foi deputado provincial por Chantada. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Chantada nas eleccións de 1876 e volveu ser reelixido en 1879. Na ditadura de Primo de Rivera foi de novo deputado provincial. Finou na súa casa da Laxe (Monterroso) o 10 de xuño de 1927.La Voz de la Verdad, 12-6-1927, p. 3.
Vida persoal Foi pai de Carmen, María Teresa, José, Antonio, Luis, Mercedes, Dolores, Pilar e Lucía Salgado.
Notas
Categoría:Avogados de Monterroso Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Monterroso Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1927