Cleto Troncoso Pequeño, nado en Santiago de Compostela o 16 de decembro de 1849 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1922Necrolóxica en El Compostelano, 14-3-1922, p. 2., foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou no Seminario e despois fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na que se doutorou en 1872. Obtivo a cátedra de Dereito Romano na Universidade de Oviedo. Permutou despois pola de Compostela, universidade da que foi secretario. Amigo de Eugenio Montero Ríos, militou con el en política. Concelleiro de Santiago en 1877, foi alcalde da cidade (1891-1895). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1899-1906) e reitor da USC (1906-1919). En 1910 foi elixido senador pola provincia de Pontevedra.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Senado Ficha e retrato na Sociedade Económica de Santiago
Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela