miniatura|250px|Kosovo O Grupo de Coordinación Internacional para Kosovo (ISG) é unha organización formada de acordo co Plan Ahtisaari sobre o proceso do estatuto de Kosovo, configurado para guiar o desenvolvemento democrático e promover a boa gobernanza de Kosovo, a súa multietnicidade e o mantemento do Estado de dereito.
O grupo é responsábel da supervisión do Representante Especial da Unión Europea para Kosovo (REUE), nomeado polo Consello da Unión Europea, como representante Civil Internacional para Kosovo (ICR).
O ICR é a autoridade final en Kosovo en canto á interpretación do Plan e ten a "capacidade de anular decisións ou leis aprobadas polas autoridades de Kosovo e de sancionar e destituír a funcionarios públicos cuxas accións sexan contarias aos obxectivos do Plan. O primeiro responsábel do ICR e a REUE en Kosovo foi o diplomático Pieter Feith.
Na Declaración de indpendencia de Kosovo en 2008 aceptábanse totalmente as obrigas do Plan Ahtisaari."3. Aceptamos plenamente as obrigas para Kosovo contidas no Plan Ahtisaari, e acoller o cadro que propón parea orientar Kosovo nos próximos anos". (Da Declaración dos membros da Asemblea de Kosovo de 7 de febreiro de 2008). A reunión inaugural tivo lugar o xoves 28 de febreiro de 2008. O grupo foi declarado "ilegal" por Serbia e condenado por Rusia.
O 10 de setembro de 2012, o Grupo de Coordinación Internacional terminou formalmente a súa supervisión.(RIA Novosti)
Membros
Hai 25 países que son membros do Grupo de Coordinación, dos cales 15 estaban xa na súa formación, e outros 10 que se uniron máis tarde. Todos os países do grupo recoñecen a declaración de independencia de Kosovo.
No proxecto do plan de Ahtisaari o ISG estaba composto por:
Francia Alemaña Italia Rusia Reino Unido Estados Unidos Unión Europea Comisión Europea OTAN
O grupo está composto actualmente por 20 estados membros da UE e cinco países non comunitarios:
Alemaña Austria Bélxica Bulgaria Croacia (que se uniu o 30 de xuño de 2008) Dinamarca Eslovenia Estados Unidos Estonia Finlandia Francia Hungría Irlanda Italia Letonia Lituania (que se uniu o 30 de xuño de 2008) Luxemburgo Noruega (que se uniu o 30 de xuño de 2008) Países Baixos Polonia Reino Unido República Checa Suecia Suíza Turquía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Declaración de independencia de Kosovo Guerra de Kosovo Guerras iugoslavas Kosovo Historia dos eslavos do sur Serbia ONU OTAN
Categoría:Balcáns Categoría:Historia de Kosovo