Death by Sexy é o segundo álbum da banda estadounidense de garage rock Eagles of Death Metal, editado a través do selo Downtown Records o día 11 de abril do 2006 nos Estados Unidos e o 3 de xuño en Europa.

A portada do disco ten elementos semellantes ás portadas de Sticky Fingers (1971) dos Rolling Stones, de Too Fast For Love (1981) de Mötley Crüe e de Get Lucky (1981) de Loverboy. O tema "Don't Speak (I Came to Make a Bang!)" apareceu nun anuncio de Nike no ano 2008 dirixido por Guy Ritchie.

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Jesse Hughes e Josh Homme.

A versión europea contén 15 temas: O tema 14 ten unha duración de 4 segundos, e consiste nunha trompeta e nunha voz dicindo "Bonus track for Europe". Tema 15, "Nasty Notion" 3:11. Hai unha edición especial de xira con tres temas extra: "Beat on the Brat" (versión de Ramones) "Addicted to Love" (versión de Robert Palmer) "High Voltage Rock´n´Roll" (versión de AC/DC)

Categoría:Álbums de Eagles of Death Metal Categoría:Álbums musicais de 2006 Categoría:Álbums producidos por Josh Homme Categoría:Álbums de Downtown Records