Santiago Cribeiro Galego, nado en Cedeira, o 18 de setembro de 1965, é un músico galego.

Traxectoria Estudou nos Conservatorios de música da Coruña e Santiago de Compostela. Malia a que se formou academicamente como pianista, o seu instrumento predilecto sempre foi o acordeón. Comezou a tocar dende bastante novo con Debadoira, grupo de música tradicional da súa vila, Cedeira. Máis adiante trasládase a Vigo onde se integra no Grupo didáctico de Instrumentos Populares da Universidade Popular de Vigo. A comezos da década dos 90 cofunda Matto Congrio con, entre outros, Anxo Pintos, Isaac Palacín e Carlos Núñez. En 1995 é un dos cofundadores de Berrogüetto. Tamén ten colaborado con Uxía, A Banda das Crechas, Fuxan os Ventos ou Anubía.

Traballos discográficos Traballos publicados con Berrogüetto Navicularia, 1996. A cantar con Xabarín, 1998. Cantigas de Nadal, 1999. Viaxe por Urticaria, 1999. Hepta, 2002. 10.0, 2006. Kosmogonías, 2010.

Traballos publicados con Matto Congrio Matto Congrio, 1993.

Participación noutros traballos colectivos Instrumentos tradicionais galegos, co Grupo didáctico de Instrumentos Populares da Universidade Popular de Vigo.

Premios Con Berrogüetto Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997. Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998. Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999. Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002. Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002. Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002. Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002. Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007. Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007. Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007. Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.

Vida persoal É irmán da tamén música Guadi Galego.

Bibliografía Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia, de Fernando Neira.

Véxase tamén Ligazóns externas Web de Berrogüetto

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes