miniatura|dereita|O pazo da Trabe, residencia de Ramón Rebellón, herdado do seu sogro Bartolomé Basanta.
Ramón Rebellón Zubiri, nado en Ourense o 7 de outubro de 1855 e finado en Galdo (Viveiro) o 14 de novembro de 1931, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Irmán do xeneral Inspector de Sanidade da Armada Gabriel Rebellón Zubiri. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Casou coa filla de Bartolomé Basanta Miranda, líder do Partido Conservador en Viveiro, sucedéndoo despois. Na Restauración foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Viveiro durante catro lexislaturas (1884-1901). Foi correspondente do Banco de Comercio Hispano Arxentino en Viveiro. Recibiu a Gran Cruz de Isabel a Católica. Acadou o título de Cidade para Viveiro no 1891, sendo rexente María Cristina.
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela