Corina, Corina (en ) é un filme estadounidense escrito e dirixido por Jessie Nelson que se estreou en 1994. A historia está ambientada nos Estados Unidos de 1959 e trata sobre un home viúvo (Ray Liotta) que contrata unha neneira (Whoopi Goldberg) para que coide da súa filla (Tina Majorino). Foi o derradeiro filme no que actuou Don Ameche, que morreu logo de rematar a rodaxe. Estreouse en galego na TVG o 14 de abril de 2001.
Sinopse Historia dun publicista que perde a súa muller e queda só con Molly, a súa filla de 8 anos. Como a nena perdeu a fala e pechouse en si mesma, Manny decide contratar unha neneira para que o axude.
Personaxes Whoopi Goldberg como Corrina Washington Ray Liotta como Manny Singer Tina Majorino como Molly Singer Jenifer Lewis como Jevina Wendy Crewson como Jenny Davis Don Ameche como Avó Harry Erica Yohn como Avoa Eva Lynette Walden como Annie
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jessie Nelson Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes sobre xudaísmo Categoría:Filmes ambientados en 1959 Categoría:Filmes de 1994 con versión en galego