Davila é un apelido toponímico galego. En orixe facía referencia ao lugar de residencia ou procedencia da persoa, coincidente co topónimo Vila.

En xaneiro de 2023 existían 3.508 persoas en Galicia co apelido Davila, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Davila na web do Instituto Galego de Estatística. É abundante nas Rías Baixas e o concello con maior concentración de persoas con este apelido é Vigo.

Orixe O apelido Davila, correctamente escrito da Vila viría do galego-portugués, coma nome topográfico para calquera que fose da vila (da aldea ou da cidade). Ten a mesma orixe que o tamén galego apelido Vila.

Moitas veces confúndese co apelido castelán tamén toponímico: Dávila, que viría D'Ávila, de Ávila, calquera que viría desta cidade. Por este motivo nos rexistros galegos moitas veces tense castelanizado Davila a Dávila, especialmente cando era levado por persoal castelán. O apelido castelanizado Dávila estendeuse moito coa emigración galega por toda América.

Persoeiros con este apelido Davila Alexandru Davila, romanés dramatista, diplomático, administrador público, e memorista, fillo do doutor Carol Davila, nado en 1862. Andrew Davila, autor e poeta estadounidense, nado en 1983. Carol Davila (1828-1884), Carlos Antonio Francesco Davila (Charles Davila) nado en Parma , Italia, foi un médico, físico e farmacéutico romanés de orixe francesa, nado en Italia, educado en Alemaña e Francia. Enrico Caterino Davila, historiador italiano, nado en 1576, a súa familia era orixinaria de Ávila, polo que sería en realidade Dávila. Jacques Davila, asistente director francés, 1941-1991. Luís Davila (1972-), debuxante galego. Olaia F. Davila, política galega nada en Castrelos, Vigo , en 1954. Pedro Ortiz Davila ("Davilita"), cantante do Porto Rico, nado en 1912. Robert C. Davila científico estadounidense, presidente de Davila Enterprises Corp, nado en 1967. Robert R. Davila, presidente da Universidade de Gallaudet. Rudolph B. Davila, medalla de honra na segunda guerra mundial. Xoán Davila, importante escultor galego renacentista, nado en Tui no século XVI e finado en Santiago de Compostela en 1610.

Dávila Adolfo Dávila, cineasta mexicano, nado en 1965. Adolfo E. Dávila, xornalista arxentino , 1849-1918. Alberto Dávila, boxeador mexicano. 1960 Antonio Dávila, político e militar español. Berta Dávila Fernández, (Berta Davila) escritora galega (Santiago de Compostela), nada en 1987. Carlos Lage Dávila (*1951), político cubano. Efraín Dávila, produtor musical e tecladista coñecido coma Junito, nado en 1978. Enrico Caterino Davila, historiador italiano nado en 1576. Esperanza Mariño Dávila, ensaísta e tradutora galega (Santiago de Compostela), nada en 1963. Fidel Dávila Arrondo, oficial do exército español, nado en 1878. Guillermo Dávila, actor e cantante venezolano nado en 1955. Jaime Dávila Sánchez, (Xaime Davila) avogado e político galego do PPdeG. Foi alcalde de Ribadavia na transición. Jesús González Dávila (1940-2000), director e actor mexicano. José Antonio Dávila, poeta boricua, nado en 1898. Juan Dávila, coronel que participou na Revolución Mexicana. Juan Domingo Dávila, (1946-), pintor chileno. Julio Dávila Díaz, (Xulio Davila), historiador, xeógrafo e escritor galego (Ortigueira), nado en 1871. Luis Alfonso Dávila, expresidente do congreso nacional de Venezuela. Luis Dávila (1927-1998), actor arxentino. Miguel Angel Dávila Guzmán, fundador de Cinemex, nado en 1965. Miguel Angel Dávila Mendoza, político mexicano, nado 1934. Miguel R. Dávila, Presidente de Honduras. Nicolás Dávila, militar arxentino, 1786-1876. Nicolás Gómez Dávila, escritor político colombiano, 1913-1994. Pedrarias Dávila (Pedro Arias de Ávila), administrador colonial, nado 1440. Sancho Dávila y Daza, militar orixinal de Ávila, que loitou nas guerras de Flandres. Virgilio Dávila, poeta portorriqueño.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.

Categoría:Apelidos galegos