miniatura|dereita|Cimosano.Número CAS: 9010-72-4.Fórmula:(C6H10O5)x
O cimosano ou zimosano (zymosan) é un polisacárido insoluble formado por unidades de glicosa unidas por enlace glicosídico β-1,3 obtido dos lévedos. É un beta-glucano. Únese ao receptor de tipo Toll TLR 2. O TLR2 coopera co TLR6 e o CD14 en resposta ao cimosano.
Os preparados de zymosan A obtéñense a partir da parede celular de lévedos e consisten en complexos de proteína e carbohidrato. Utilízase para inducir unha inflamación estéril experimental. En macrófagos, as respostas inducidas polo zymosan A inclúen a indución de citocinas proinflamatorias, mobilización do araquidonato, fosforilación de proteínas, e formación de inositol fosfato. O zymosan A tamén eleva os niveis de ciclina D2, o que suxire un papel para esta última na activación de macrófagos e da súa proliferación. Potencia os danos agudos hepáticos despois dunha inxección de galactosamina, o que suxire que certos tipos de células non pertencentes ao parénquima hepático distintas das células de Kupffer están implicadas na acción deste composto.http://www.sigmaaldrich.com/catalog/search/ProductDetail/SIGMA/Z4250
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas MeshName - Zymosan
Categoría:Polisacáridos Categoría:Carbohidratos