O akoye é unha lingua papúa de Papúa-Nova Guinea.

Distribución xeográfica Fálase na aldea de Kerema e en varios asentamentos próximos, nas beiras do río Lohiki entre Nabo Range e as Montañas Alberto, no distrito de Kaberofe, da provincia do Golfo.

Usos sociais Todo o pobo akoye fala a lingua, e boa parte conta cun coñecemento pasivo das linguas veciñas.

Véxase tamén Ligazóns externas O akoye no Ethnologue

Categoría:Linguas papúas Categoría:Linguas de Papúa-Nova Guinea