Harlingen (en lingua frisoa Harns) é un municipio e cidade do norte dos Países Baixos, na provincia de Frisia, situada na costa do mar de Wadden. É unha vella vila mariñeira.

Características Harlingen é o principal porto para chegar ás Illas Frisias occidentais, con ferrys directos a Vlieland e Terschelling. Así mesmo, Harlingen posúe dúas estaciones de ferrocarril operadas por Arriva. Esta liña férrea serve de conexión coa capital frisoa, Leeuwarden.

En Texas, Estados Unidos, existe unha localidade co mesmo nome, xa que moitos dos poboadores da cidade texana procedían da Harlingen neerlandesa.

Galería

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Harlingen na Encyclopædia Britannica

Categoría:Frisia Categoría:Cidades dos Países Baixos