Desirée Ndjambo León, nada en Madrid o 17 de outubro de 1976, é unha xornalista deportiva orixinaria de Guinea Ecuatorial que actualmente traballa no Telediario 2 xunto a Marta Jaumandreu e Marcos López (21:00h), en La 1 de Televisión Española. Traxectoria
Licenciada en Xornalismo pola Universidade Carlos III e diplomada en Traballo Social pola Universidade Complutense de Madrid, traballou como redactora do programa Los desayunos, dando a información meteorolóxica no Canle 24 horas, e como reporteira do Mundial de MotoGP durante tres tempadas, antes de recalar no Telediario Matinal como presentadora dos deportes.
En 2012 presentou o programa previo e post ao Festival de Eurovisión, chamado Destino Eurovisión. Presentou a edición matinal do Telediario ata setembro de 2012, cando pasou a presentar o Telediario 2.
Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1976 Categoría:Españois de ascendencia ecuatoguineana Categoría:Presentadores de Televisión Española