Manuel Gutiérrez Torres, nado cara a 1911 e finado en Soutelo de Montes o 24 de febreiro de 1982, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
Boticario de Soutelo de Montes e despois de Forcarei (1965). Foi xefe da Falange da vila de Cerdedo. Foi nomeado alcalde do Concello de Cerdedo o 17 de xaneiro de 1950,"Realidad y aspiraciones de Cerdedo". Entrevista a Manuel Gutiérrez Torres, El Pueblo Gallego, 14-3-1954, p. 7. cesando en 1954. Volveu ser nomeado alcalde de Cerdedo en agosto de 1958,La Noche, 5-8-1958, p. 9. permanecendo no posto ata 1960. Foi concelleiro en Forcarei nos anos 70 e inspector farmacéutico do concello de Forcarei. Morreu en Soutelo de Montes con 70 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 25-2-1982, p. 59.
Notas
Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Alcaldes de Cerdedo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Concelleiros de Forcarei Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes