Cody Cameron, nado en California o 12 de outubro de 1970, é un actor de voz, director e artista gráfico estadounidense. É coñecido por dirixir Cloudy with a Chance of Meatballs 2. Puxo a voz de numerosos personaxes animados, incluíndo Pinocchio e Three Little Pigs na serie de filmes Shrek, e Mr. Weenie na franquía de Open Season.
Traxectoria Cameron comezou a súa carreira en DreamWorks Animation escribindo diálogos e debuxando storyboards para a franquía Shrek, Shark Tale e Madagascar.
En 2004, Cameron deixou DreamWorks para unirse a Sony Pictures Animation. Alí traballou como artista de Surf's Up e escribiu e dirixiu a curtametraxe The ChubbChubbs Save Xmas, unha secuela de The ChubbChubbs!. Cameron tamén puxo a voz de Mr. Weenie na serie de filmes de Open Season e dirixiu Open Season 3. En 2013, dirixiu xunto con Kris Pearn a súa primeira longametraxe, Cloudy with a Chance of Meatballs 2.
Notas
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Orange, California