O topónimo Florencia pode referirse a:
Cidades Florencia (Firenze), cidade italiana da rexión da Toscana, que dá nome á provincia de Florencia; Florencia, cidade colombiana do departamento de Caquetá; Florencia, concello colombiano do departamento do Cauca; Florencia, municipio cubano da provincia central de Ciego de Ávila; Florencia, localidade arxentina do departamento General Obligado, da provincia de Santa Fe; Florencia de Benito Juárez, localidade mexicana do estado de Zacateas.
Estados Ducado de Florencia, estado, dentro do Sacro Imperio Romano Xermánico, centrado na cidade de Florencia, establecido en 1532 polo papa Clemente VII (Giulio di Giuliano de' Medici), e que persistiu até 1569 en que foi elevado a Gran Ducado de Toscana. República de Florencia, cidade estado establecida en Florencia en 1115 e que perdurou até 1532, cando foi abolida polo papa Clemente VII, que nomeou duque de Florencia a Alexandre de Medici, seu fillo natural.