José Echeverría Harguindey, finado en Pontevedra o 9 de novembro de 1931Necrolóxica en El Progreso, 10-11-1931, p. 3, foi un avogado, industrial e político galego.

Traxectoria Pertencía a unha familia pontevedresa orixinaria de Iparralde. Posuía unha fábrica de curtidos. Vinculado ao Partido Liberal, foi deputado provincial polo distrito de Caldas-Cambados de 1902 a 1923. Foi vicepresidente da Deputación en 1911 e o 2 de agosto de 1923 foi elixido presidente.

Vida persoal Foi pai de José Echeverría Novoa.

Notas

Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Finados en 1931 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido