Eugenio Fraga Mascató, finado en Cambados o 1 de xaneiro de 1898, foi un político galego.
Traxectoria Vinculado ao Partido Liberal, foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Cambados en 1886. Foi deputado provincial e o 5 de novembro de 1894 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra.
Vida persoal Casou con Encarnación Padín Torrado e foi pai de Lorenzo Fraga Padín, e de Eugenio e Ramona Fraga Padín, padriños do poeta Ramón Cabanillas.
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Finados en 1898 Categoría:Nados en ano descoñecido