Francisco Pereira García, nado na Estrada e finado na mesma vila o 24 de marzo de 1881Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 31-3-1881, p. 1., foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria No Sexenio Democrático foi militante do Partido Liberal, elixido deputado provincial polo distrito da Estrada en 1871 e 1872, o 22 de xuño de 1871 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Tabeirós en 1872. Na Restauración volveu ser elixido deputado provincial polo distrito da Estrada en 1877 e 1878.
Notas
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Nados na Estrada Categoría:Finados en 1881 Categoría:Farmacéuticos da Estrada Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos