A primeira Infant School xurdiu en 1816 grazas á creación por Robert Owen (1771-1858) en New Lanark (Escocia) dunhas escolas anexas ás fábricas da súa propiedade para os fillos dos traballadores, a fronte dos cales, como mestre, estaría James Buchanam que posteriormente, a instancias da autoridad competente e debido a súa fama, abriu outra institución en Londres en 1821, estando a cargo Samuel Wilderspin.

Contidos e obxectivos:

Implantar un réxime máis humano que facilitase un cambio no carácter e a dignidade dos traballadores da fábrica. Facer de New Lanark, unha comunidade ben gobernada, organizada segundo os seus ideais. Desexaba levar a cabo un experimento da vida social. Crear un sistema de educación para os pobres e as clases traballadoras. Crear un Ministerio de educación ocupado por persoal capacitado. Crear Escolas de formación de mestres. Levar a cabo unha planificación xeral dos métodos de ensino baseada na comparación de diversas prácticas seguidas na época. Nomeamento polo Estado de mestres preparados para as escolas. Adoptar o procedemento de instrución que mellor permitise ao neno entender os obxectos e caracteres que lle rodeaban. Adicar a máxima atención aos fillos pequenos dos traballadores, para evitar a falta de educación, ou a mala educación, dos nenos durante a infancia e a mocidade. Crear unha institución escolar, cuxa disposición ou estrutura da mesma sería utilizada polos nenos durante o día e pola noite polos adultos. Para impartir unha educación mixta. Por outra banda, debían crearse dúas escolas, unha para os nenos de dous a seis anos e outra para os de seis a doce anos. Había que formar aos nenos de modo que adquirisen coñecementos útiles que substituísen ao actual sistema, defectuoso e aburrido, de aprendizaxe nos libros. Introducindo a Xeografía, dentro do programa de estudos, como método de ensino na escola, lograba mostrar a relación entre a contorna e o carácter e dar aos nenos un sentido da localización xeográfica. Unha escola para os nenos pobres, na que empregou o método da representación pola imaxe para captar o interese e a imaxinación dos seus alumnos. Formación a mestres das escolas infantís. Exponse unha educación dos nenos que debían formarse coma se pertencesen todos, literalmente, a unha mesma familia. A formación e a educación, insistía Owen, debían estar intimamente conectadas coa oferta de traballo na aldea. Crear unha linguaxe que puidese entender cada neno. Owen non equiparou a educación coa escolarización, senón que resaltou o papel dos pais neste proceso; a nai desde o nacemento do neno ata os seus primeiros anos, é unha figura clave e ambos proxenitores teñen que tratar aos seus fillos con bondade e dozura.

Este tipo de escolas estenderíase por diversos países (en 1826 en Francia, en 1824 en Bélxica e Suíza, en 1828 en Italia, Hungría e Dinamarca, en 1830 en Alemaña e Países Baixos, en 1831 en Noruega, en 1832 en Suecia e en 1838 en España, entre outros países) seguindo en boa parte o modelo inglés e en especial no relativo aos destinatarios (a clase traballadora) e ao apoio prestado por particulares e asociación filantrópicas especialmente creadas en cada paíes con este fin, e nun momento porterior, polos poderes públicos.

Categoría:Experiencias de educación infantil Categoría:Escolas de educación infantil