miniatura|dereita|220px|Desaparecido túnel número 20 na estación de Torre del Bierzo. O accidente ferroviario de Torre del Bierzo foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 3 de xaneiro de 1944 en Torre del Bierzo (provincia de León) ao chocaren dentro do túnel número 20 da liña Palencia-A Coruña un tren correo, unha locomotora en manobras e un tren de mercadorías.
Vítimas
O número oficial de vítimas mortais foi de 78 segundo a autoridade xudicial, pero sempre se sospeitou que o Réxime franquista puido ocultar a magnitude real do accidente."55 años del accidente de Torre del Bierzo" , artigo na web da Asociación Berciana de Amigos del Ferrocarril, 1999 ."Torre del Bierzo conmemora la tragedia ferroviaria ocultada por el franquismo", artigo en El País, 4 de xaneiro de 1999 . Documentos posteriores elevaron a cifra a 200 falecidos, pero hai indicios e estudos que dan un saldo de ata 500 ou 800 mortos.
Entre os falecidos estaba Alfonso Ortega Prada.
Repercusión
O franquismo rapidamente censurou a dimensión desta catástrofe, dado que o pésimo estado das infraestruturas ferroviarias e a constante falta de mantemento eran en boa medida as responsables do accidente, debido a que se tivo que responder a escasezas de todo tipo e a necesidade da reconstrución dos danos producidos pola recente guerra civil, unha tarefa difícil pola presente escaseza de recursos económicos."Un corto rescata del olvido un trágico accidente de tren ocultado por el franquismo", artigo de Marifé Moreno en El País, 6 de xaneiro de 2003 . Varias décadas despois, o accidente daría título a unha curtametraxe (Túnel número 20) dirixido por Ramón de Fontecha, que obtivo o Premio Goya á mellor curtametraxe documental en 2002.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Accidentes ferroviarios en Galicia
Ligazóns externas TodoTren. "El gran accidente", artigo en Todo tren . "El accidente de Torre del Bierzo", artigo de Fernando Fernández Sanz na web Astorga.com, agosto de 1997 . "¿Qué pasó en el túnel número 20?", artigo de Gonzalo Garcival en El Mundo, 12 de xaneiro de 2003 .
Torre del Bierzo Categoría:Historia de Castela e León Categoría:O Bierzo Categoría:1944