Para o personaxe da mitoloxía grega, véxase Hilas

Hyla é un xénero de anfibios anuros das familia dos hílidos (Hylidae).

A palabra Hyla provén do grego antigo ὕλη hýlē, 'bosque', 'árbore', xa que estas ras son verdadeiramente arborícolas.

Laurenti, que cuñou o xénero en 1768, tomou o nome de Hilas (en grego Ύλας Hylas), un personaxe da mitoloxía grega. Hilas era un compañeiro de Heracles (Hércules) e, despois de que aquel desaparecera e da súa busca inútil, Hércules erixiu un santuario, cuxo sacerdote o chamaba: "Hyla!, Hyla!, Hyla!" (así, en vocativo). Segundo Laurenti Hyla (agora en feminino) era o nome propio da sacerdotisa.Myers, Charles W. & Richard B. Stothers (2006): "The myth of Hylas revisited: the frog name Hyla and other commentary on Specimen medicum (1768) of J. N. Laurenti, the "father of herpetology"". Archives of Natural History, 33: 241–266.Laurenti, Joseph N. (1768): Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: Joan. Thom., pp.1-217. Texto íntegro .

Presentan unha ampla distribución, que inclúe Europa, Asia, norte de África e América.

Aínda que foron descritas máis de 300 especies dentro deste xénero, tras unha revisión xenética da familia feita por Julian Faivovich e outros en 2005, a maioría das especies foron clasificadas noutros xéneros, polo que actualmente Hyla só comprende un total de 33 especies.Faivovich, J., C. F. B. Haddad, P. C. A. García, D. R. Frost, J. A. Campbell e W. C. Wheeler (2005): "Systematic Review of the Frog Family Hylidae, with Special Reference to Hylinae: Phylogenetic Analysis and Taxonomic Revision". Bulletin of the American Museum of Natural History, 294, pp. 1-240. en inglés Resumo

Especies As especies relacionadas a continuación son as que seguen considerándose parte do xénero Hyla: miniatura|right|200px|Hyla arborea miniatura|right|200px|Hyla cinerea miniatura|200px|Hyla molleri miniatura|200px|Hyla meridionalis miniatura|200px|Hyla gratiosa miniatura|200px|Hyla versicolor

Hyla andersonii Baird, 1854 Hyla annectans Jerdon, 1870 Hyla arborea Linnaeus, 1758) Hyla arboricola Taylor, 1941 Hyla arenicolor Cope, 1866 Hyla avivoca Viosca, 1928 Hyla bocourti Mocquard, 1899 Hyla chinensis Günther, 1858 Hyla chrysoscelis Cope, 1880 Hyla cinerea Schneider, 1799 Hyla euphorbiacea Günther, 1858 Hyla eximia Baird, 1854 foto Hyla femoralis Bosc, 1800 Hyla gratiosa LeConte, 1856 Hyla hallowellii Thompson, 1912 Hyla heinzsteinitzi Grach, Plesser & Werner, 2007Grach, C., Plesser, Y. & Y. L. Werner (2007): A new, sibling, tree frog from Jerusalem (Amphibia: Anura: Hylidae). Journal of Natural History, 41 (9-12): pp. 709-728. foto Hyla immaculata Boettger, 1888 Hyla intermedia Boulenger, 1882 Hyla izecksohni Jim & Caramaschi, 1979 Hyla jahni Rivero, 1961 Hyla japonica Günther, 1859 Hyla meridionalis Boettger, 1874 Hyla molleri Bedriaga, 1890 Stöck, M., S. Dubey, C. Klütsch, S. N. Litvinchuk, U. Scheidt & N. Perrin (2008): "Mitochondrial and nuclear phylogeny of circum-Mediterranean tree frogs from the Hyla arborea group", Mol. Phyl. Evol., 49, pp. 1019-1024. Hyla plicata Brocchi, 1877 Hyla sanchiangensis Pope, 1929 Hyla sarda Betta, 1853 Hyla squirella Bosc, 1800 Hyla stepheni Boulenger, 1888 Hyla tsinlingensis Liu et Hu In Hu, Zhao & Liu, 1966 Hyla versicolor LeConte, 1825 Hyla walkeri Stuart, 1954 Hyla wrightorum Taylor, 1939 Hyla zhaopingensis Tang & Zhang, 1984

As outras especies foron reclasificadas, de maneira que se "resucitaron" catro xéneros que foran relegados á sinonimia de Hyla.

Por exemplo, o xénero Dendropsophus, que inclúe 90 especies que se caracterizan por teren 30 cromosomas: así, a antiga Hyla acreana é Dendropsophus acreanus, ou Hyla labialis (foto) é Dendropsophus labialis.

As antigas Hyla albofrenata, H. albosignata, H. albomarginata, foron incluídas en Aplastodiscus.

Novos nomes xenéricos propuxéronse para os grupos de Hyla aromatica, H. bromeliacia, H. godmani, H. mixomaculata, H. taeniopus e H. tuberculosa, e para os clados compostos polos grupos de H. pictipes e H. pseudopuma, e polos grupos de H. circumdata, H. claresignata, H. martinsi e H. pseudopseudis.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Frost, Darrel R. 2007. Amphibian Species of the World: an Online Reference. Versión 5.1 (10 de outubro de 2007). Hyla. Electronic Database. Accesíbel en Anophibia American Museum of Natural History, Nova York, USA.

Outros artigos Anfibios Anuros Hílidos

Ligazóns externas Hyla en Amphibia Web Consultada o 2/10/2012. Busca de fotos de anfibios polo nome científico

Categoría:Anuros