En física, a radiación é un modo de propagación da enerxía a través do espazo, de forma análoga á luz.
A radiación, propiamente dita, refírese á transportada por ondas electromagnéticas, chamada, en consecuencia, radiación electromagnética. Así a todo, emprégase esta expresión tamén para referirse ó movemento de partículas a gran velocidade no medio, con apreciable transporte de enerxía, que recibe o nome de radiación corpuscular.
Se o transporte de enerxía é suficientemente elevado como para provocar ionización no medio circundante, fálase de radiación ionizante. Aínda que non é totalmente correcto, é habitual empregar a palabra radiación, por extrapolación, para referirse ás radiacións ionizantes.
Terminoloxía A palabra radiación está formada con raíces latinas e significa "acción e efecto dos raios". Os seus compoñentes léxicos son: radio (raio de luz), co sufixo -ción (acción e efecto). Outras palabras coa mesma raíz son radio, raio ou irradiar.
Tipos de radiacións radiación ionizante radiación de Cerenkov radiación corpuscular radiación electromagnética radiación solar radiación de supervoltaxe
Termo anatómico
En Anatomía, úsase o termo radiación para referírmonos a unha estrutura que diverxe dende un centro común:
radiación acústica radiación do corpo caloso radiación estríotalámica radiación óptica radiación piramidal radiación talámica radiación tegmentaria
Notas
Véxase tamén
Categoría:Radiación