Gran, porción moi pequena dun corpo, xeralmente de forma arredondada. Cantidade mínima de calquera cousa. Gran, semente dos cereais. Gran, tipo de froito, cariópside. Gran, lesión cutánea, que polo seu aspecto recorda a semente dos cereais, producida polo levantamento da epiderme a consecuencia da picadela dun insecto, dunha doenza, ou pola obstrución por sebo e queratina da canle do folículo piloso, a acne, aldroga, ampola, bocha, bóchega, bóldrega, borrecas, boza, roncha, vexiga, vincha, vinchoca. Gran, forma de agregación das partículas que constitúen unha substancia e que determinan a maior ou menor aspereza ao tacto. Gran da madeira. Gran mineral, fragmento apenas perceptíbel de rocha. Gran, medida de masa obsoleta equivalente a uns cinco centigramos. Gran métrico, unidade de medida usada en xoiaría; cuarta parte dun quilate. Gran en fotografía, cada unha das manchas negras ou grises, constituídas por unha acumulación de partículas de prata reducida, que no seu conxunto forman a imaxe fotográfica. Gran, parte exterior das peles curtidas. Gran, serie de televisión da BBC.