Codorníu é unha empresa familiar catalá adicada á produción e comercialización de cava e viño.

Historia As orixes da empresa están na familia Raventós a mediados do século XVI. Jaume Codorníu e a súa familia adicábanse á produción de viño.

En 1659, casan Anna dos Codorníu e Miquel Raventós. Anna foi a última da familia en levar o apelido Codorníu. Dende entón os herdeiros familiares pasaron a chamarse Raventós. Dous séculos despois, Josep Raventós i Fatjó inicia a modernización da empresa producindo a primeira botella de cava empregando o método tradicional mesturando as variedades tradicionais do Penedès: Macabeo, Xarel-lo e Parellada.

En 1887, a filoxera destrúe os viñedos do Penedès e obriga a replantar tódalas viñas familiares con enxertos de plantacións inmunes. En 1888 na Exposición Universal de Barcelona a marca gaña o primeiro premio, unha medalla de ouro.

En 1976 as cavas Codorníu son declaradas Monumento Histórico Artístico Nacional por Real Decreto do 9 de xaneiro de 1976.

Véxase tamén

Outros artigos Juvé y Camps Freixenet

Ligazóns externas Páxina web de Codorníu .

Categoría:Adegas Categoría:Gastronomía de Nadal Categoría:Empresas de Cataluña