Para o algoritmo de compresión ver Bzip2 miniatura|dereita|CREB, un factor de transcrición con dominio bZIP. CREB (arriba) é un factor de transcrición que pode unirse ao ADN por medio do seu dominio bZIP (abaixo) e regular así a expresión xénica.
En bioloxía o dominio cremalleira de leucina básica (dominio bZIP) encóntrase en moitas proteínas eucariotas que se unen ao ADN. Unha parte do dominio contén unha rexión que media propiedades de unión ao ADN específicas de secuencia e a cremalleira de leucina que se require para manter xuntas (dimerizadas) as dúas rexións de unión ao ADN. A rexión de unión ao ADN comprende varios aminoácidos básicos como a arxinina e a lisina. As proteínas que conteñen este dominio son factores de transcrición.
Factores de transcrición bZIP
Os factores de transcrición bZIP encóntranse en todos os organismos. Un estudo evolutivo recente revelou que había 4 xenes bZIP no xenoma do antepasado común máis recente de todas as plantas. As interaccións entre os factores de transcrición bZIP xogan un importante papel no desenvolvemento do cancro nos tecidos epiteliais, na síntese de hormonas esteroides polos tecidos endócrinos, nos factores que afectan ás funcións reprodutivas, e noutros fenómenos que afectan á saúde humana.
Principais proteínas que conteñen o dominio bZIP
AP-1 fos/jun heterodímero que forma un factor de transcrición Jun-B (factor de transcrición) CREB, elemento de resposta ao AMPc de factor de transcrición OPAQUE2 (O2). Factor de transcrición do xene zein 22-kD que codifica unha clase de proteínas de almacenamento no endosperma dos grans de millo (Zea Mays).
Proteínas humanas que conteñen este dominio ATF1; ATF2; ATF4; ATF5; ATF6; ATF7; BACH1; BACH2; BATF; BATF2; CREB1; CREB3; CREB3L1; CREB3L2; CREB3L3; CREB3L4; CREB5; CREBL1; CREM; E4BP4; FOSL1; FOSL2; JUN; JUNB; JUND; MAFA; MAFB; NFE2; NFE2L2; NFE2L3; SNFT; CREM
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas bZIP domain entry na base de datos SMART Factores de transcrición bZIP de plantas
Categoría:Dominios proteicos