miniatura|Angelo Bronzino, detalle de Allegoria del trionfo di Venere (1540-1545). Aínda que na crenza popular esta imaxe representa a loucura, en realidade é unha representación dos celos. A loucura ou tolemia é un trastorno mental grave polo que unha persoa perde a razónDicionario da Real Academia Galega: Loucura . No mundo occidental, a idea actual da loucura ten relación estreita coa de enfermidade mental, aínda que na linguaxe popular designa estados de ánimo arrebatados ou fóra do que se considera equilibrado. Porén, ó longo da historia a idea de loucura ten estado máis relacionada con transos místicos, prácticas máxicas ou supersticiosas ou mesmo con estados de exclusión social.
Etimoloxía A orixe da palabra loucura é incerta e sobre ela existen varias posibles hipóteses. Unha delas é a que di que provén da palabra latina locus, que significa lugar, pero tamén de luce, luz, per contrarium sensum. Tamén do latín loquo, que quere dicir "conversar"ATIENZA, B. El loco en el espejo. Locura y melancolía en la España de Lope de Vega. Rodopi, 2009. . Á súa vez, a palabra tolo pode provir do celta *tullon, furado, pero tamén é posible que do latín tollere, quitar CONCEPCIÓN SUÁREZ, X. Páxina cultural de Lena/Tsena . .
Definición e límites
miniatura|Francisco de Goya, Casa de locos, 1812-1819.
miniatura|Paul Moreau de Tours Les fascinés de la Charité.
Toda cultura ten algún tipo de categoría que se corresponde coa loucura actual occidental, pero ó mesmo tempo a loucura non sempre se distingue ben doutras categorías de pensamento e conduta: é moi difícil separar a loucura doutras perturbacións que van unidas a estadios ou sucesos particulares da vida, tales como a enfermidade, a separación, a morte, a adolescencia ou a vellez. De xeito análogo, a consideración de tolo resérvase con frecuencia ós revolucionarios ou ós innovadores, sobre o principio de que calquera que se opoña ó sistema é un tolo, sexa por non crer na súa lexitimidade ou porque a oposición ó propio sistema resulta un acto suicidaSIMON, B. Razón y locura en la antigua Grecia. Ediciones AKAL, 1984. .
Desde o momento en que se comezou a estudar a mente dende un punto de vista científico, a loucura pasou a ser vista como un déficit das facultades mentais que permiten a unha persoa desenvolver unha vida cotiá satisfactoria e plena. Pero incluso tras este avance da perspectiva científica permaneceu a idea popular de que o tolo é aquel que padece un fallo na súa construción simbólica. Así, o tolo non é quen de construír o modo de subxectividade que prevalece no seu momento histórico-cultural. Isto pode ser consecuencia da interacción cun contexto hostil que produce un esmagamento simbólico do individuo (autismo), dunha construción subxectiva que non ten cabida nun contexto determinado e o aliena (psicose) ou dunha construción simbólica que constitúe un perigo para un modo de ser histórico social determinado que o illa (tolo en xeral, sociopatía, neurose). Nestes casos a persoa conserva a súa capacidade simbólica intacta desde o nacementoGÓMEZ SANJUÁN, M. Locura y creatividad en la sociedad. .
A relatividade dos criterios de normalidade dá unha idea de como concibe cada sociedade o que é a loucura ou o malestar psicolóxico, e as súas formas de tratamento. A Etnopsiquiatría demostra que as persoas que se apartan da norma do seu grupo, e que serían vistas como tolos por outras culturas, cumpren unha función social no grupo ó que pertencen. Un mesmo síntoma pode ser ou non sinal de desequilibrio en función dos esquemas imperantes no grupo social no que se dá, que é quen define os seus propios criterios sobre o que é normal e o que é patolóxicoDESVIAT, M. Itinerarios culturales de la locura. Revista Atopos. . Os estudos transculturais demostran que hai que interpretar de formas moi diferentes os mesmos síntomas en ámbitos culturais distintos. Desde o punto de vista da Etnoloxía e da Antropoloxía cultural, deben comprenderse tanto os condicionamentos sociais como a relatividade dos síntomas. O que algúns grupos sociais consideran normal (autonormal) pode ter un significado psicopatolóxico noutros (heteropatolóxico), e do mesmo modo, o que un grupo considera patolóxico (autopatolóxico) pode ser visto con total normalidade (heteronormal) por outro.
De feito hai cadros patolóxicos que son característicos, e nalgúns casos exclusivos, de certas culturas e que son difíciles ou imposibles de localizar noutras. Tal é o caso do amok, unha alteración aguda violenta observada inicialmente en malaios. Tamén a histeria ártica, forma de ecolalia observada inicialmente en Siberia, que foi descrita logo noutras zonas de Asia e recibe o nome de latah entre os malaios. Coñécese tamén o windigo, un tipo de psicose canibalística que se dá entre os indios americanos, ou a chamada morte wudú ou morte por profecía, un tipo de morte por suxestión coñecida en Haití.
A loucura na historia
miniatura|Władysław Podkowiński, La Folie, 1894.
Da máis remota antigüidade teñen chegado ata nós achados que invitan a pensar que as civilizacións primitivas tiñan xa a loucura asimilada como unha condición de anormalidade en medio da normalidade. Así, téñense atopado restos arqueolóxicos entre os que figuran anacos de óso do cranio humano sobre os que foron practicadas operacións de trepanación. Xeralmente acéptase que estes restos datan de entre o Neolítico e o Bronce antigo. A carencia de fontes documentais obriga a manter a súa interpretación nun nivel de hipótese, das cales a máis aceptada é que se trataba de intervencións encamiñadas a poñer remedio á loucura dun paciente, aínda que se admite que poderían ter un certo valor ritual ou mesmo máxico. Chama a atención o elevado grao de perfección técnica na súa execución, que permitiría a supervivencia da persoa á que se lle practicaban estas trepanacións, e incluso a existencia de cranios con varias trepanacións non simultáneas. O achado de numerosas trepanacións post mortem confirmaría o seu carácter máxico ou ritualDOMÈNECH, E. Introducción a la historia de la psicopatología. Universidade de Barcelona, 1991. .
Época clásica: a loucura como don divino Nas culturas grega e romana o concepto de loucura estivo emparentado cos de responsabilidade e culpabilidade en relación coa polis. No mundo clásico distinguíase entre loucura mala e boa. A loucura mala era un escándalo que había que deter, nela o tolo era aquel que perdeu a razón, volvéndose outra persoa. Esta loucura tomaba dúas formas: a da insania, na cal o individuo mantiña o cumprimento dos seus deberes sociais, e a do furor, que esixía a súa curaGIL, D. Escritos sobre locura y cultura. Ediciones Trilce, 2007. .
En tempos de Hipócrates as perturbacións mentais non se consideraban doenzas, aínda que a mitoloxía grega abonda en exemplos de loucura. Na tradición homérica o home enfermaba mentalmente porque os deuses lle quitaban o espírito, de aí que en Grecia os tolos fosen tratados por sacerdotes por medio de cerimonias relixiosas. Platón defendía que existen dúas clases de insania: a loucura e a ignorancia; e dúas clases de loucura ou manía: unha era resultado da enfermidade e a outra a loucura celestial, que consideraba un don dos deuses e na que vía calidades proféticas. Así, o delirio dos profetas é producido por Apolo, o dos iniciados por Dioniso, o dos poetas polas musas e o dos amantes por Afrodita e ErosCAPPONI, R. Psicopatología y semiología psiquiátrica . Asociación para la Docencia e Investigación en Salud Mental de Eivissa y Formentera . .
Idade Media: a loucura como intervención do diaño
miniatura|Hieronymus Bosch, A extracción da pedra da loucura
Na Idade Media occidental a medicina non se diferenciaba esencialmente da relixión. Para a teoloxía cristiá a loucura era a expresión da loita entre Deus e Satanás pola posesión da alma do toloTORRES CUBEIRO, M. Orden social e loucura en Galicia (tese doutoral). Univ. Santiago de Compostela, 2009..
Durante a Idade Media os tolos eran atendidos polas súas familias ou vagaban sen residencia estable. Ata o século XIV non apareceron os primeiros establecementos de reclusión, que permitiron unha radicalización do sistema de exclusión baseado na separación entre razón e loucura.
As primeiras institucións para o tratamento da loucura apareceron nos países islámicos, pero tratábanse maiormente de centros de reclusión nos que non faltaban internos particularmente perigosos para o poder vixente, que eran mantidos alí como modo de anulalos politicamente.
Idade Moderna: a loucura como doenza miniatura|Philippe Pinel, fundador da Psiquiatría. miniatura|Manicomio de Alabama, Estados Unidos.
A consideración da loucura como doenza mental é algo relativamente recente dentro do noso eido cultural. A modo de exemplo, ata o século XVII as alucinacións auditivas considerábanse experiencias relixiosas e non síntomas de desequilibrio mental. As relixións sempre mantiveron unha estreita relación con todas as formas de loucura, por consideraren que estas estaban próximas ás vivencias místicas..
O tratado de Paracelso Sobre as enfermidades que privan da razón inicia a diferenciación teórica das causas naturais das doenzas, entre elas as que afectan ó equilibrio psíquico. Nos asilos que comezan a aparecer nesta época iníciase unha observación médica sistematizada e deles xorden propostas para ordenar racionalmente o tratamento dos alí ingresados.
En España a transición cara á consideración da loucura como doenza tivo lugar entre os séculos XV e XVII. Nesa época fundáronse as chamadas casas de tolos de Sevilla (1436), Toledo (1483) e Valladolid (1493), e os hospitais de Barcelona, Zaragoza, Palma, Granada e Córdoba abriron seccións separadas para enfermos mentais. Copiando o modelo español, en 1548 fundouse o hospital para tolos de Roma. Máis tarde Bernardino Álvarez fundou os hospitais de México, Oaxtepec, Xalapa, Perote, San Juan de Ulúa, Guatemala e outros entre 1567 e 1574. En España tomouse como modelo o Hospital de Inocentes de Valencia, que pasou a chamarse Casa de tolos en 1512, cando se lle anexionaron os outros hospitais da cidade para formar o Hospital Xeral. En todos eles separábanse ós homes das mulleres e ós tolos violentos dos pacíficos. Estes centros para tolos fundáronse inicialmente con dous fins complementarios: un asistencial (protexer o tolo dos cidadáns) e outro de policía urbana (protexer os cidadáns do tolo). Aínda que se consideraba que a loucura tiña difícil solución, as casas de tolos daban ós seus internos tratamento médico. Pero a súa función principal non era terapéutica, senón hospitalaria, e consistía en "recoller e curar os pobres faltos de xuízo que perdidos e lacazáns, impedidos do seu furor e impelidos da súa loucura, causaban e recibían grandes danos", en palabras de Sebastián Arias (1699). Aínda así, a loucura seguiu sendo a perfecta escusa para desfacerse de persoas cuxa presenza resultaba incómoda, como proba o feito de que en 1608 se mandase queimar a un home que dicía ser fillo do papa Paulo V, que en 1644 se encerrase no manicomio a outro que pretendía descender do infante don Carlos ou que en 1677 o bufón Ánima del Purgatorio fose mandado pechar no manicomio de Zaragoza por ser sospeitoso de espiar o rei Carlos II de España por orde do príncipe Xoán Xosé de Austria.
Na imaxinería popular o tolo era, nese momento, aquel individuo co cal a comunicación se facía difícil, dado que empregaba unha linguaxe opaca e incoherente. Por este motivo era considerado parvo ou, como diriamos hoxe, deficiente mental. Pero tamén, noutros casos, desa mesma inintelixibilidade derivaba a súa consideración de persoa con acceso a un saber oculto, que expresaba ese coñecemento dunha forma cifrada. O tolo era considerado ó mesmo tempo enxeñoso, o cal se traducía nunha capacidade extraordinaria para facer o mesmo grazas a versos, e mesmo adiviñar o futuro.