A cedilla (do castelán: «pequeno z») é un signo diacrítico.
Historicamente, a cedilla castelá (e, por extensión xeográfica, a galegoportuguesa, a portuguesa, a catalá e mais a francesa) colócase soamente baixo un c orixinado, entre outras posibilidades, dun c latino palatalizado. Forma, polo tanto, a letra ç (ce cedillado), pronunciada orixinalmente //, despois convertida en [s].
A cedilla non forma parte do alfabeto galego da norma actual.
Historia thumb|left|A orixe da cedilla.
A cedilla (cedrilla na vernácula) é un pequeno z. A grafía actual tivo orixe na escrita gótica medieval (ʒ). A utilización do sinal gótico é debido á limitación do alfabeto latino. O nome da cedilla provén do castelán onde apareceu contra o século XVII.
O castelán abandonou o uso da cedilla no século XVIII (o ç foi substituído por z ou c simple antes de e e i). O galego tamén tendeu ao seu abandono coa perda do seseo total en parte do territorio. No rexurdimento algúns autores, coma Rosalía de Castro aínda a empregaban para representar o seseo. Os outros idiomas próximos, catalán, francés e portugués, consérvana. A variante reintegracionista do galego tamén continúa a empregala indistintamente para os diferentes sons das variedades dialectais [ɵ] ou [s].
A introdución e a manutención da cedilla é un xeito eficaz e consensual de regular definitivamente o problema da pronuncia ambigua do c latino. De feito, se o ce cedillado precede un a, un o ou un u é pronunciado [s], ao contrario do ce non cedillado, que é pronunciado [k], cando precede as mesmas vogais. Desta forma, o sinal permite evitar que se renuncie aos vínculos co pasado, preservando a coherencia gráfica da lingua e tornando a escrita menos ambigua. A presenza da cedilla é importante nunha palabra, pois deixa clara súa orixe etimolóxica, que co galego normativo é imposíbel adiviñar.
Uso en galego No galego actual o ç só se emprega en palabras de orixe estranxeira (cachaça) ou en topónimos e antropónimos doutras linguas (Valença, Eça, Barça). No galego-portugués empregouse en palabras que hoxe se escriben con "z" ou "ci": (espaço: espazo; canção/cançom: canción).
En galego reintegracionista é utilizada baixo a letra c para xerar o son [s]/[ɵ] (segundo a variedade dialectal) antes de a, o e u.
Uso noutras linguas En portugués, catalán, francés, languedociano e mirandés emprégase baixo a letra c para xerar o son [s] antes de a, o e u. Utilízase na ortografía actual da lingua albanesa a letra ç para xerar o son []. Tamén representa ese fonema en friulano. As letras Çç, Şş son utilizadas na ortografía da lingua turca desde a romanización adoptada no 1 de novembro de 1928. Son consideradas letras distintas, clasificadas respectivamente despois do c e do s e non como as súas variantes. Emprégase o ç para xerar o son [] (o "ch" galego) inspirado no albanés, mentres que ş representa o son [] (o "xe" galego). Estas letras con estes valores atópanse tamén noutras linguas turcas como o azerí, o gagauzo, no alfabeto latino empregado en tártaro, e no turcomán, ademais de no alfabeto kurmanjî do kurdo e no checheno. miniatura|120px|esquerda|Diferenza entre coma e cedilla
No romanés emprégase unha coma nas letras Şş, Ţţ que en ocasións pode aparecer representado como un s ou un t cedillados. Esa mesma coma emprégase en letón. O marshalés emprega a cedilla nas letras ļ, m̧, ņ e o̧. Debido á dificultade de escribir estes signos aparecen en ocasións substituídos por outros. En manx emprégase çh para indicar o fonema [], pero na escrita tamén pode aparecer como ch (que ten como pronuncia []). O Alfabeto Fonético Internacional emprega o símbolo /ç/ para representar a consoante fricativa palatal xorda.
Notas
Véxase tamén Diacrítico Alfabeto latino
Categoría:Galego-portugués Categoría:Grafémica Categoría:Tipografía Categoría:Diacríticos