Acontecementos América 6 de novembro, Estados Unidos: o náufrago conquistador español Álvaro Núñez Cabeza de Vaca é o primeiro europeo que pon pé en Texas. Ataque francés á illa de Porto Rico, so dominio colonial español, onde destrúen a localidade de San Germán, entón na costa occidental da illa.
Europa Italia: Miguel Anxo comeza a traballar nas fortificacións de Florencia.
Arte e cultura O italiano Baldassare Castiglione publica "O Cortesano" (Il Cortegiano).
Nacementos Juan de Garay, explorador e colonizador español, fundador de Bos Aires. Pedro Mariño de Lobeira, militar e cronista galego.
Mortes 6 de abril, Albrecht Dürer, pintor alemán (n. 1471). 28 de agosto, Pedro Navarro, mariño, militar e enxeñeiro español. Pedro Álvares Cabral, descubridor portugués (n. 1467).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1528