Begano (acrónimo de Bebidas Gaseosas del Noroeste) foi unha empresa galega con sede na Coruña. Na actualidade é unha planta embotelladora de Coca-Cola Iberian Partners S.A., o embotellador internacional de Coca-Cola para España, Portugal e Andorra xurdido en febreiro de 2013 trala integración de oito embotelladoras da península Quiénes somos , páxina web de Coca-Cola Iberian Partners.. Begano fabrica, vende e distribúe refrescos carbonatados e non carbonatados, tés fríos, zumes, augas, produtos de nova xeración, bebidas para deportistas e bebidas enerxéticas.
Historia miniatura|esquerda|Edificio de Begano. A fábrica de Begano na Avenida Alfonso Molina foi proxectada polos arquitectos Andrés Fernández-Albalat Lois e Antonio Tenreiro en 1960. O edificio está catalogado e protexido tanto polo Concello da Coruña como pola Xunta de Galicia.
Begano ten seis delegacións en Galiza nas cidades de Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.
A empresa ten as certificacións UNE-EN ISO 9001:1994 Certificado no 2001 o seu Sistema de Xestión Medioambiental segundo Norma ISO 14001:1996. No 2005 auditou a empresa conforme á nova versión da Norma de 2004.
En 2012 entrou no accionariado de Begano a embotelladora catalá Cobega facéndose cunha participación maioritaria da empresa. A empresa ten previsto o traslado da fábrica ao concello de Oza Cesuras"La embotelladora catalana de Coca-Cola adquiere el 60 % de Begano" . La Voz de Galicia, 25 de maio de 2012 ..
Desde febreiro de 2013 a planta integrouse xunto con outras sete embotelladoras en Coca-Cola Iberian Partners.
Produtos thumb|Acceso a Begano. Bebidas con gas Coca-Cola Fanta Sprite Nordic Mist Mare Roso Burn Bebidas sen gas Nestea Aquarius Limón&Nada / Naranja&Nada Augas e zumes Aquabona / Fontoira Minute Maid Dúo Frutas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Coca-Cola Iberian Partners
Categoría:Empresas de alimentación de Galicia