Pedro Chosco ou Pedro Chusco é un personaxe mítico galego. Ten figura de home de barba branca, de maneiras doces e de voz grave. Pedro Chosco é o encargado de facer durmir os nenos con suaves aloumiños, aínda que prefire anainar mozas e sobre todo criadas de servir. Rolda as rapazas polo día entreténdoas e impedíndolles traballar.

Vaite de aí, Pedro Chosco non me tentes a criada, nin ma vistes, nin ma calzas, nin lle pagas a soldada.

Os nenos ven a Pedro Chosco cando teñen un ollo pechado e o outro non o poden abrir. En Dinamarca existe Ole Kolpoje, ou sexa Ole Pechaollos, análogo ó galego. En Inglaterra é Billy Winker, en Escocia Wee Willie Winkie.

Coplas populares Coplas publicadas por Lence-Santar en El Compostelano o 5 de novembro de 1938:

Pedro Chusco vaite de aí. Ti non me calzas, ti non me vistes, ti non me fas os meus minesteres; Pedro Chusco, que me queres?

Con Pedro Chusco teño un gran preito cando me toma logo me deito. Ai, Pedro Chusco! Vaite a deitar, déixame os nenos ó meu fiandar.!

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Mitoloxía galega Categoría:Europa atlántica