Andrea Jane Corr, nada o 17 de maio de 1974 en Dundalk, no condado de Louth, é unha cantante, compositora e actriz irlandesa. É principalmente coñecida por ter sido a cantante principal do grupo The Corrs, que formaba xunto cos seus irmáns Caroline Corr, Sharon Corr e Jim Corr.
No 2005 foi galardoada co título de membro da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas. Dende a pausa tomada polo grupo no 2006, continúa a súa carreira en solitario.
Discografía Con The Corrs Álbums de estudio Ano Título 1995 Forgiven, Not Forgotten 1997 Talk on Corners 2000 In Blue 2004 Borrowed Heaven 2005 Home
Álbums recompilatorios 250px|miniatura|dereita|The Corrs no 2005. Ano Título 2001 Best of The Corrs 2006 Dreams: The Ultimate Corrs Collection 2007 The Works 2011 Original Album Series
Álbums ao vivo miniatura|dereita|280px|Andrea durante o Isle of Wight Festival de 2011. Ano Título 1997 The Corrs – Live 1999 The Corrs Unplugged 2002 VH1 Presents: The Corrs, Live in Dublin
En solitario Álbums de estudio Ano Título 2007 Ten Feet High 2011 Lifelines
Filmografía Ano Título Personaxe 1991 The Commitments Sharon Rabbitte 1996 Evita Amante de Juan Domingo Perón 1998 Quest for Camelot Kayley (voz) 2003 The Boys from County Clare Anne 2005 The Bridge Mary 2006 Broken Thread Lily 2009 Pictures Donna
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de The Corrs
Categoría:Membros de The Corrs Categoría:Cantantes de Irlanda Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Dundalk Categoría:Actores de cinema de Irlanda