Josef Schulz, nado en Praga (Imperio Austrohúngaro) o 11 de abril de 1840 e finado na mesma cidade o 15 de xullo de 1917, foi un arquitecto e restaurador checo. Foi profesor da Universidade Técnica Checa en Praga, e membro da Academia Checa de Ciencias.
Estudou na Academia de Viena e en Italia. A súa fonte de inspiración era o Renacemento checo e italiano, sendo tamén influenciado polo historicismo vienés. Os seus edificios caracterízanse pola franqueza e a precisión.
Algunhas das súas obras son o Museo de Artes decorativas de Praga ou o Museo Nacional de Praga.
Notas
Categoría:Arquitectos da República Checa Categoría:Nados en Praga Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1917