A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) constitúese en maio de 2007 polas cinco asociacións de dano cerebral de Galicia: Adaceco na Coruña, Adace-Lugo en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago de Compostela. A federación persegue a defensa dos intereses e a mellora da calidade de vida dos afectados e afectadas galegas por dano cerebral e dos seus familiares. Pretende sensibilizar á sociedade en xeral con respecto á dimensión do problema, implicar ás institucións e cantas iniciativas se dirixan a resolver os problemas de rehabilitación, integración e normalización social.
Véxase tamén Ligazóns externas FEGADACE.org
Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes