Imperium foi unha serie de televisión española emitida por Antena 3 entre o 5 de setembro e o 11 de outubro de 2012. Igual que a súa predecesora Hispania, la leyenda, está producida por Bambú Producciones e ambientada no século II a.C. Contou cun presuposto duns 20 millóns de euros.

A primeira e única tempada ten 6 capítulos. Inicialmente, estaban previstos 13 episodios, pero a cadea acordou finalmente rodar só 6 episodios para observar os datos en audiencia. O 11 de outubro a cadea española Antena 3 puxo punto e final para a serie debido á baixa audiencia, menos da que se esperaba considerando a gran mercadotecnia que se fixo dela.

Argumento Galba é un home poderoso e respectado en Roma. Conta co apoio dos senadores máis importantes, encabezados polo senador Quinto... e por iso encargáronlle unha última campaña; acabar coa resistencia de Numancia. Galba parte cara a alí convencido da súa vitoria e de que iso lle outorgará, ao seu regreso, o recoñecemento definitivo. Pero regresa da campaña en Numancia derrotado, humillado... Os hispanos acabaron co seu exército. Galba perdeu a súa honra e, sobre todo, o seu poder en Roma. E non foi casual; alguén lle traizoou.

Galba non está disposto a renderse; a súa familia, os Sulpicio, ha de volver ocupar o lugar que merece en Roma, e para iso está disposto a facer calquera cousa, ata a empezar unha nova guerra con aqueles que lle fixeron caer. Non sabe que un erro do seu pasado perséguelle. Un erro que ten nome de muller: Cora. Unha muller que, para salvar ao seu pai, está disposta a pactar cos seus maiores inimigos, un home empeñado en recuperar a gloria perdida e unha familia que quere controlar toda Roma.

Repartimento Personaxe Actor / Actriz Servio Sulpicio Galba Lluís Homar Quinto Servilio Cepión Pepe Sancho Claudia Fabia Mara Nathalie Poza Marco Jesús Olmedo Octavio Antonio Mourelos Antonia Elvira Mínguez Cordelia Belén Fabra Décimo Robert González Sabina Ángela Cremonte Tito † Javier Ríos Diana / Cora de Capua Aura Garrido Aurora / Vistilia Lucía Martínez Vera Paula Prendes Druso Fernando Andina Gaia Thais Blume Tiberio Lucio Varo Carlos Álvarez Novoa Craso Nasser Saleh Libo Santi Marín Messina Alicia González Laá Mario Terentio Ruga Manuel Sánchez Ramos Catón José Ángel Egido Apio Claudio Helio Pedregal Petra Elena Furiase Fabio † Iván Sánchez

Capítulos e audiencias Capítulo Nome Data de emisión Espectadores Share PRIMEIRA TEMPADA 1 Sulpicio 5 de setembro de 2012 1 849 000 10,9% 2 El último hombre en pie 12 de setembro de 2012 1 581 000 10,2% 3 La mujer del tribuno 20 de setembro de 2012 1 415 000 8,8% 4 Hijos 27 de setembro de 2012 1 528 000 9,2% 5 La máscara 4 de outubro de 2012 1 358 000 9,0% 6 El asalto 11 de outubro de 2012 1 088 000 7,0%

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2012Mellor fotografíaJacobo MartínezNomeado

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web en Antena 3 Ficha en Filmaffinity

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Antena 3 Categoría:Series de televisión ambientadas no século II