laSexta3 foi unha canle de televisión española privada, de ámbito nacional, que emitía en dixital e operada por Atresmedia que emitía a través da TDT. Comezou as súas emisións regulares o 1 de novembro de 2010 e cesounas o 5 de maio do 2014.En novembro lanzarase laSexta3, a terceira canle en aberto, que se dedicará en exclusiva á ficción. A súa oferta estaba baseada en cine tanto de produción española como internacional.
Historia Desde o día 8 de outubro de 2010, laSexta3 emitiu o sinal da canle EHS TV, dedicado á teletenda. Este sinal desapareceu da canle o día 1 de novembro de 2010 co inicio das emisións regulares de laSexta3, cuxa programación pasou a ser de series de ficción e películas. O día 28 de febreiro de 2011 laSexta3 foi remodelada e, co sobrenome Todo Cine, cambiou a súa programación de ficción por cine converténdose na primeira canle dedicada ao cine en aberto en España.
A partir do 4 de xullo de 2011 convértese nunha canle de cine e sen telenovelas, xa que pasan a emitirse en laSexta2, pasando a unha canle 'Todo Novelas' (feito que durou pouco tempo).
O 16 de agosto de 2011 a canle incorporouse ao dial 49 do operador de pago Imagenio.
A partir do 1 de maio, e co inicio da canle Xplora en substitución da antiga laSexta2, empeza unha denominación de transición: TODO CINE.
O 7 de outubro de 2012 a canle abandona as emisións do Mux Nacional 67 (842.00 Mhz) da TDT, pasando a emitir unicamente a través do Mux denominado MPE1 xunto ás súas canles irmáns laSexta HD e Xplora.
A canle cesou as súas emisión o 5 de maio do 2014, como consecuencia dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que anulou a concesión de nove canles da TDT, debido a que foron outorgadas sen o preceptivo concurso público que rexe a Lei Audiovisual.El Supremo ordena el cierre de nueve canales de TDT¿Por qué van a desaparecer en un mes 9 canales de su televisor?laSexta3, Xplora, Nitro, Nueve y LaSiete echarán el cierre
Audiencias Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS. Están en letra grosa e azul os meses en que foi líder de audiencia.
XaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroMedia anual2010----------<span style="color:#0044cc">0,4%**</span>||0,5%||0,45%20110,5%0,6%1,1%1,4%1,4%1,5%1,5%1,9%1,7%1,7%1,5%1,5%1,4%20121,5%1,5%1,2%1,5%1,5%1,4%1,8%1,9%*1,8%1,3%1,4%1,5%1,5%20131,4%1,4%1,6%1,6%1,5%1,6%1,6%1,9%1,6%1,6%1,6%1,6%1,6%20141,7%1,6%1,6%1,6%- -------(%)
* Máximo histórico. | ** Mínimo histórico.
O 16 de setembro de 2012, laSexta3 conseguiu un 3,2% de cota de pantalla en todo o día, grazas á emisión das películas Robocop e Robocop 2.
Notas
Categoría:Canles de Atresmedia Categoría:Cadeas de televisión de España