Para interpretar os diferentes temas do anime os responsábeis da serie levan contratando dende os seus inicios a diferentes grupos de pop xaponés moi aclamados no seu país. Estes son os temas na súa versión galegaDebido ás restricións do copyright e a incompatibilidade coa licenza da Wikipedia só se presenta, como cita, o comezo do texto de cada canción. e os capítulos nos que soan:

Inicio 1. "Estamos!" [We are!] de Hiroshi Kitadani. (Eps. 1-47). "Crea un soño e rumbo a el traza o teu ronsel á procura do tesouro que hai por descubrir ..."

2. "Cre" [Believe] de Folder5. (Eps. 48-??). "Des que lembro, no futuro eu crin tanto me ten se hai xente que se burla de min esa luz que che sae da paixón atrápame coma un imán ó teu carón ..."

Final 1. "Lembranzas" [Memories] de Maki Otsuki. (Eps. 1-30). "Mil veces mil, no meu maxín, sendo eu pequena pintaba, de verde anil, só para min, o mapa que soñaba. ..."

2. "Corre, corre, corre!" [Run, run, run!] de Maki Otsuki. (Eps. 31-63). "Teño o corazón a rebordar de sentimentos, sóñote da man sen te soltar por un instante, se me vas buscar, búscame nun lugar distante, que eu voume deixar levar por ondas e por ventos. ..."

3. "Estou ó pé de ti" [Watashi Ga Iru Yo] de Tomato Cube. (Eps. 64-73). "Sempre estou ó pé de ti, ahh, sinto no aire, a canción, leve vén, para abrazarnos co seu son. O mar todo xa levou, do castelo teu, só area quedou. ..."

4. "Isto é un feito" [Sochi no suke] de Suitei Shojo. (Eps. 74-81). "O mundo é tan inmenso, que se un tesouro esconde, buscar sen saber onde, conduce ó fracaso. Guiarse polo acaso, é un grave contrasenso, carece de sentido, confiar en descubrilo por azar. Velaí. ..."

5. "Antes do amencer" [Before Dawn] de Ai-Sachi. (Eps. 82-94). "Incluso este lugar, que non dorme xamais, logrou prender no sono e dorme xa. Da noite para a mañá, presíntoo hai algo que, está a mudar aquí ó meu redor. ..."

6. "Peixe" [Fish] de The Kaleidoscope. (Eps. 95-??). "Canto máis tento evitar o peso, deixalo atrás, perdelo. Máis preto das estrelas estou. Das aventuras que de neno soñei. E cáeme da palma da man, a area que na praia apañei. ..."

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de One Piece

Categoría:One Piece