1509 (MDIX) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario xuliano.

Acontecementos 22 de abril, Henrique VIII de Inglaterra accede ó trono á morte do seu pai, Henrique VII 14 de maio, no norte de Italia os franceses derrotan ós venecianos na batalla de Agnadello. 18 de setembro, Tratado de Cintra con Portugal. 30 de novembro - Alonso III de Fonseca toma pose como arcebispo de Compostela. Data descoñecida

Erasmo de Rotterdam escribe Stultitiae Laus.

Nacementos 10 de xullo, Jean Calvin, teólogo e reformador protestante. Gonzalo Jiménez de Quesada, conquistador e cronista español. Juan de Valdés, escritor español. Melchor Cano, frade dominico, teólogo e bispo. Xoana Seymour, terceira esposa do rei Henrique VIII de Inglaterra. Andrés de Vandelvira, arquitecto español (m. 1575).

Mortes 21 de abril - Henrique VII de Inglaterra (n. 1457). Joan de Novoa, mariño e explorador galego.

Outros Historia ano a ano.

Categoría:1509