Raquel Miragaia Rodríguez, nada en Tardade (Vilalba) en 1974, é unha escritora galega.

Traxectoria Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Profesora de lingua castelá desde o 2000, deu clase no IES número 1 da Estrada, IES Leliadoura de Ribeira, IES Virxe do Mar de Noia, no I.E. Giner de los Ríos en Lisboa e actualmente traballa no IES do Milladoiro en Ames.

Ten participado en revistas e xornais como Mealibra (Portugal), Agália, Novas da Galiza ou Cuadernos de Pedagogía.

Obra Narrativa Diário Comboio (2002). AGAL/Laiovento. Em tránsito (2007). Difusora. O décimo terceiro mês (2010). Ediçons do Trece/Sacaúntos. Tempo Tardade (2020). Através Editora. Corpus (2025). Santiago: Através. ISBN 978-84-10491-07-6.

Obras colectivas Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog da autora Ficha da autora na Biblioteca Virtual Galega

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría: Nados en Vilalba Categoría: Nados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela