Ride é unha banda inglesa de rock alternativo formada en 1988 en Oxford. Estivo composta por Andy Bell, Mark Gardener, Laurence "Loz" Colbert e Steve Queralt, e inicialmente formou parte da escena "shoegazing" emerxida en Inglaterra a principios dos anos 90. Tras a separación do grupo en 1996, os membros movéronse a varios proxectos, entre os que destacou Andy Bell, que se converteu no baixista de Oasis. No ano 2001 a banda reuniuse brevemente para unha única actuación nun programa de televisión. O álbum de estrea da banda, Nowhere, é considerado un dos mellores traballos do xénero shoegazing, e foi colocado no posto 74 da lista de Pitchfork Media dos "100 mellores álbums dos 90", e o seu tema "Vapour Trail" foi elixida a 145 da lista das "200 mellores cancións dos 90", tamén de Pitchfork Media. O álbum tamén está incluído no libro 1001 álbums que debes escoitar antes de morrer.

O día 18 de novembro do 2014 anunciouse que Ride reuiríase novamente e realizaría unha serie de concertos por Europa e Norteamérica nos meses de maio e xuño de 2015. Dende entón publicou dous álbums máis, Weather Diaries (2017) e This Is Not a Safe Place (2019).

Discografía Álbum Ano Selo Nowhere 1990 Creation Records Going Blank Again 1992 Creation Records Carnival of Light 1994 Creation Records Tarantula 1996 Creation Records Weather Diaries 2017 Wichita Recordings This Is Not a Safe Place 2019 Wichita Recordings, Play It Again Sam Interplay 2024 Wichita Recordings

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais do condado de Oxfordshire Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais formados en 1988