Max Brod, nado en Praga o 27 de maio de 1884 e finado en Tel Aviv o 20 de decembro de 1968, foi un escritor, compositor e xornalista checo xudeu, posteriormente nacionalizado israelita e que desenvolveu a súa obra en lingua alemá.
Traxectoria Malia ser autor dunha prolífica obra propia, debe boa parte da súa sona a ser o amigo e biógrafo do tamén escritor checo Franz Kafka. Como o seu testamenteiro literario, rexeitou executar o desexo de Kafka de que se queimase a súa produción literaria, publicándoa e salvando así algunhas das novelas máis valoradas da literatura universal.
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía de Max Brod .
Categoría:Escritores da República Checa Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Compositores Categoría:Xornalistas da República Checa Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1968