Etcétera é unha locución latina que en galego significa “e o demais”. É unha tradución tomada do grego "καὶ τὰ ἕτερα" (kai ta hetera: e as outras cousas). A forma grega máis usada é "καὶ τὰ λοιπά" (kai ta loipa: “e o restante”). Utilízase para substituír o resto dunha enumeración. Esta locución abréviase coa forma “etc.” ou “&c.”, sendo o punto o final da oración se esta é a derradeira palabra. A palabra completa escríbese etcétera, aínda que tamén se acepta et caetera, et coetera ou et cœtera. Como xa inclúe a conxunción "e", non vai precedido dunha coma: No zoolóxico hai leóns, tigres, xirafas etc.Traballo xornalístico na UVI: pautas para un correcto uso da linguaxe , p. 32: "A diferenza doutras linguas, non se escribe coma antes da locución pronominal etc., pois a conxunción copulativa e xa vai incluída no latinismo".

Usos miniatura|OLIVAR[IVS]·D[EI]·G[RATIA]·R[EI] P[VBLICAE]·ANG[LIAE]·SCO[TIAE] ·ET·HIB[ERNIAE] &c PRO[TECTOR] (Óliver, pola graza de Deus e protector da República de Inglaterra, Escocia, Irlanda etc.) É incorrectoZabala, R., El libro y sus orillas. México D.F., Dirección General de Publicaciones y Fomento Editorial, 1995. ISBN 968-36-2217-8 usar etcétera precedido de "e" ou repetido varias veces: Comeu patacas, tomates, nabos e etc. Comeu patacas, tomates, nabos etc. etc. etc. Tamén é redundante (pero non incorrecto) o uso desta palabra acompañada de puntos suspensivos: Viu elefantes, hipopótamos, xirafas etc… Para máis información sobre o uso redundante, ver o termo pleonasmo.

A ortotipografía di que esta locución pode aparecer ao final dunha liña pero non ao principio desta, porque así queda desvinculada do conxunto de elementos que pecha.

Os monarcas europeos coma o tsar Nicolao II de Rusia, que tiñan moitos títulos nobiliarios, abreviábanos con "et cetera" e ás veces repetíano para salientar a grandeza do monarca: "Eu, Nicolao II, pola graza de Deus, Emperador e Autócrata de todas as Rusias, Rei de Polonia, Gran Duque de Finlandia etc. etc. etc.".

Expresións latinas semellantes Outras expresións latinas semellantes son: Et alii, “e outros”, en listas de persoas, en lugar de empregar etc. Et alibi, “e en calquera lugar”, en listas de lugares. Abreviado en et al. (Significa: en calquera outro lugar) Et sequentes, (versus) “e os seguintes (versos)” ou et sequentia en literatura. Abreviado en et seq.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Recompilación de usos na prensa escrita

Categoría:Locucións latinas