Dise que un xiro é dextroxiro (do latín dexter, -tra, -trum, 'dereito', 'que está á dereita', e gȳrus, 'xiro') cando se efectúa cara á dereita, é dicir, no mesmo sentido que as agullas do reloxo, en contraposición ao sentido levoxiro. O concepto, tamén coñecido como dextrorrotatorio, pódese usar nos seguintes contextos:
En química cualifícase así á substancia que ten a propiedade de facer xirar o plano da luz polarizada cara á dereita, en contraposición ás substancias levoxiras. Véxase isomería, enantiómero e quiralidade. En bioquímica, isómero óptico cuxo carbono asimétrico se encontra desprazado cara á esquerda, e é a imaxe especular do mesmo isómero dextroxiro. En matemáticas, o sistema de referencia que cumpre a regra da man dereita. En bioloxía, en zooloxía, o sentido de xiro do remuíño do pelo cando os cabelos están colocados no sentido das agullas do reloxo, en botánica refírese á dirección de dereita a esquierda, como a das agullas do reloxo, do crecemento de caules volúbeis, como os gabiáns dalgunhas plantas gabeadoras ou enredadeiras.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Levoxiro
Categoría:Bioquímica Propiedades físicas Categoría:Propiedades químicas Categoría:Quiralidade