José Mesa Suárez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 31 de marzo de 1915 e finado en Marbella o 16 de febreiro de 1974, foi un futbolista que xogaba na demarcación de defensa. Traxectoria En 1934 fichou polo Athletic Club de Madrid, que trala fusión co Aviación Nacional en 1939 pasou a chamarse Atlético de Madrid. Co club madrileño disputou 109 encontros en Primeira División, proclamándose campión de Liga en dúas ocasións

En 1945 fichou polo Celta de Vigo, dirixido por Károly Plattkó. Pepe Mesa militou catro tempadas en Vigo, das cales a de máis éxito foi a das vodas de prata do club, na que se proclamou subcampión da Copa de España e rematou a Liga no cuarto posto.

Ao remate da tempada 1948-49, Mesa deixa Vigo tras disputar 76 encontros en Primeira División.

Campionatos nacionais TítuloClubAnoLiga española de fútbolAtlético de Madrid1939-40Liga española de fútbolAtlético de Madrid1940-41Copa Eva DuarteAtlético de Madrid1940-41

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Personalidades sen imaxes