Wizz Air é unha aeroliña de baixo custo húngarawizzair.com con sede en Vecsés, Hungría, e con presenza na súa meirande parte nos países do leste de Europa. Os seus aeroportos principais son o Aeroporto Internacional de Katowice, Aeroporto de Varsovia-Frédéric Chopin, Aeroporto de Gdańsk-Lech Wałęsa en Polonia, Aeroporto de Sofía en Bulgaria, Aeroporto de Bucarest-Băneasa en Romanía, Aeroporto Internacional de Budapest Ferihegy (a maior base) en Hungría e outros.
A súa frota componse de 37 avións Airbus A320-232.
Historia A aeroliña Wizz Air foi fundada en setembro do ano 2003. O seu principal accionista é Indigo Partners, unha empresa de fondos de investimento estadounidense adicada ao mercado do transporte . A aeroliña comezou a súa actividade o 19 de maio de 2004 dende Katowice, 19 días após a admisión de Polonia e Hungría coma membros integrantes de Unión Europea.
József Váradi, Director Executivo de Wizz Air, gañou o premio Ernst & Young ao "Brave Innovator" (o innovador máis ousado) no ano 2007.
No verán de 2008, Wizz Air pasou a ser a primeira compañía de baixo custo de Ucraína, por diante de Ryanair.
No 2011 Wizz Air manexou 11 millóns de pasaxeiros (un 15% máis ca no ano 2010), dos cales 4,2 millóns corresponderan a rutas polacas. Nos últimos tempos, Wizz Air deu por frear o desenvolvemento das súas conexións en Polonia para expandir a súa presenza cara a outros países, abrindo novas bases na República Checa, Bulgaria, Macedonia do Norte, Romanía, Lituania e Serbia. Porén, Polonia segue a ser o principal centro de mercado da aeroliña.
miniatura|Airbus A320-200 con rexistro búlgaro engala no aeroporto Luton de Londres.
Frota En novembro de 2014 a frota de Wizz Air estaba formada polos seguintes avións: <center> {| class="wikitable" style="text-align: center;" |+ Frota de Wizz Air |- bgcolor=purple ! style="background-color:purple;" |<span style="color:white;"> Avión ! style="background-color:purple;" |<span style="color:white;"> En servizo ! style="background-color:purple;" |<span style="color:white;"> Pedidos ! style="background-color:purple;" |<span style="color:white;"> Opcións ! style="background-color:purple;" |<span style="color:white;"> Almacenados ! style="background-color:purple;" |<span style="color:white;"> Pasaxeiros ! style="background-color:purple;" |<span style="color:white;"> Notas |- |Airbus A320-232 |52 |34 |0 |0 |Y180
|Airbus A321-231 |0 |26 |0 |0 |Y220 |Entregas en 2016 |- !Total !<center>52 !<center>60 !<center>0 !0 ! !
Notas
Categoría:Aeroliñas de Hungría Categoría:Hungría Categoría:Aeroliñas de baixo custo