O termo Raia, derivado do baixo latín radia, e este do latín radiŭs, "raio", pode referirse a:

Unha liña ou trazo longo e delgado; O mesmo que fronteira: En galego, a Raia por antonomasia é a que separa Galiza e Portugal. A raia de puntuación, un signo gráfico máis longo ca o guión; O método da raia, un método sinxelo para a identificación de minerais; A raia de cocaína, unha liña desta droga en po (dun par de milímetros de grosor e varios centímetros de lonxitude), que se forma ao nifrala polo nariz; A raia, cada un dos membros da orde dos Rajiformes, especialmente os pertencentes á familia dos Rajiidae, moi característicos polo seu corpo aplanado; Así mesmo, coñécense como raias: As raias eléctricas, os membros da orde dos torpediniformes (denominados popularmente tamén como estrugas ou ortigas (de mar); As raias látego ou raias de aguillón, os membros da orde dos miliobatiformes.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza A Raia, lugar da parroquia de Santa María de Lurdes, no concello de Curtis.