As eleccións parlamentarias de Finlandia de 2011 celebráronse o 17 de abril e déronlle a vitoria ao Partido de Coalición Nacional de Jyrki Katainen, quen se converteu en primeiro ministro. Foi posible a votación anticipada en Finlandia do 6 ao 12 de abril e no estranxeiro do 6 ao 9 de abril. Con estas eleccións, elíxense os 200 representantes do Parlamento finlandés.

Eleccións parlamentarias

Na elección de 2011 participaron 17 partidos rexistrados, 3 listas comúns e 12 asociacións de electores, para un total de 2.315 candidatos.

A porcentaxe dos votantes anticipados foi do 31,2%, levemente superior ao 29% en 2007.

A afluencia total ás urnas foi do 70,4%, tamén en aumento respecto ao 67,9% do 2007, pero sempre inferior respecto ao máximo alcanzado nas eleccións parlamentarias finlandesas, o 85,1% do 1962.

Resultados electorais

Listas Votos % +/- %(2007) Escanos +/- (2007)Coalición Nacional 599.13820,4-1,944-6Partido Socialdemócrata Finés561.55819,1-2,342-3Verdadeiros Finlandeses560.07519,1+15,039+34Partido do Centro463.26615,8-7,335-16Alianza da Esquerda239.0398,1-0,714-3Liga Verde213.1727,3-1,210-5Partido Popular Sueco 125.7854,3-0,390Demócrata Cristiáns118.4534,0-0,86-1Outros59.0852,010Total2 939 571100 - 200 -

Notas

Véxase tamén

Finlandia Categoría:Eleccións en Finlandia