Manuel Estévez Caneda, nado en Bouzas (Vigo) o 8 de novembro de 1824 e finado en Barracas al Sud (Provincia de Buenos Aires) o 23 de abril de 1893, foi un político galego.
Traxectoria
Emigrado á Arxentina, traballou nun salgadoiro de carne. Foi procurador nos tribunais de xustiza. En 1856 elixírono concelleiro suplente no municipio de Barracas al Sud (hoxe Avellaneda), onde exerceu tamén como xuíz de paz, administrador de correos (1859-1875) e presidente do Consejo Escolar. Foi alcalde do municipio e en 1880 iniciou a construción dun novo templo parroquial, da nova casa do concello, do teatro Ribadavia e do mercado. Foi comisionado da Asociación Protectora de los Inválidos, socio fundador da Sociedad de Socorros Mutuos de Barracas e simpatizante da asociación Libre Italia e da loxa masónica Hijos del Progreso.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Diáspora galega
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1824 Categoría:Finados en 1893 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos