O castro das Travesas ou Eira dos Mouros é un poboado castrexo situado no concello de Carral. Segundo as escavacións feitas en 2006, as primeiras ocupacións datan dos séculos IV-III antes da era actual"Castros da provincia da Coruña, no blog O Noso Patrimonio..
Descricións O castro ten unha planta circular que despois das limpezas feitas en 2006 e os estudos que se fan dende entón fixan unha extensión dunhas 6 hectáreas polo que está considerado como o castro máis extenso da provincia da CoruñaCastro das Travesas, na web Celtiberia.net .. Preto do castro atopáronse indicios que confirman o paso dun ramal da vía romana XX do Itinerario de Antonino, coñecida como per loca maritima.
Escavación No interior da croa en 2006 documentáronse estruturas de postes de madeira fincados na rocha e asegurados con chanzos, entrenzados de pallabarro e cubertas vexetais. A construción é autóctona.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Ligazóns externas Centro de visitantes do castro das Travesas
Bibliografía (2006). Proxecto de posta en valor do castro das Travesas, Carral (A Coruña) (páx. 46) ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS. Xunta de Galicia, ISBN 978-84-453-4612-9
Travesas