A manifestación "Catalunya, nou estat d'Europa" (en galego: Cataluña, novo estado de Europa) tivo lugar no centro da cidade de Barcelona durante a Diada de Cataluña de 2012. Foi organizada pola Asemblea Nacional Catalá; e a súa presidenta, Carme Forcadell, dixo que «o 12 de setembro, o Goberno deberá empezar a traballar pola Independencia de Cataluña».
O número de participantes foi estimado en 1,5 millóns de persoas segundo a Garda Urbana e o Departamento de Interior, e 2 millóns segundo os organizadores, malia que a delegación do Goberno estimou a cifra en 600.000. O centro da cidade estivo ateigado durante horas, e temeuse que a grande afluencia de persoas puidese colapsar a rede de telefonía móbil. Moitos xornais e outras axencias de noticias describírona como unha "histórica" demostración, e considerárona como a meirande manifestación que se celebrou en Cataluña dende a restauración da democracia en España, superando outras grandes manifestacións como a do 10 de xullo de 2010, na que participaron un millón de persoas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Assemblea Nacional Catalana Espot Els homes no poden ser si no són lliures de l'ANC Time-lapse dunha sección da manifestación
Categoría:Historia de Cataluña Categoría:Independentismo catalán Categoría:Manifestacións